Friday 03 de May de 2024

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da biblioteca municipal


A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade de obras que len durante o ano. Ávidos lectores e lectoras, a inmensa maioría do propio municipio que recibiron como premio pola súa paixón pola lectura cadanseu lote de libros.

Entre os máis pequenos, mereceron o recoñecemento Brais Arias, de oito anos, que “devorou” ao longo do 2023 nada menos que 98 libros e xa fora premiado en exercicios anteriores; Valeria Rodeiro, de seis anos, con 97; e Delia Fojo que, con só cinco aniños, leu 92 libros da sección infantil.

No caso dos adultos, o título de lectores máis voraces foi para Jesús Sánchez, con 119 préstamos; María Teresa Barreiro, que leu no último ano 88 obras da colección bibliográfica da biblioteca e, finalmente, a fenesa Manuela Anca, con 82 (tamén premiada anteriormente).

Integrantes do goberno local fixeron entrega aos premiados de cadanseu lote de obras, con títulos adaptados aos seus gustos e idades.

Deja un comentario